Domingo de atletismo en Bertamiráns

218

Uxía Pérez do Playas de Castellón cun rexistro de 17:42 e Pablo Bocelo do Coruña Comarca con 14:57, proclamáronse Campións de Galicia absolutos na XII edición do campionato de Galicia 5K que se levou a cabo en Bertamiráns o pasado domingo. A proba congregou a atletas chegados de toda Galicia e un bo número de visitantes.

Coa celebración do “XII campionato de Galicia 5K Ruta” Ames converteuse na mañá do pasado domingo na capital do atletismo galego. 397 atletas federados correron polo circuíto homologado que partiu e chegou á rúa alcalde Lorenzo. O campionato disputouse disputouse con saídas escalonadas de dez atletas a intervalos de medio minuto. Ames foi a primeira sede do campionato.

“Foi moi gratificante asistir a esta proba e non só polo que supuña ver a preto de 400 atletas federados competindo en Ames, senón tamén porque a celebración deste campionato supón unha especie de volta á normalidade e isto notábase na rúas, notábase a alegría da xente e esas gañas que todos temos de que a actividade deportiva volva a ser o que era antes da pandemia” manifestou a concelleira de deportes Susana Señorís.