Dous atletas do Millaraio incluídos na selección galega para o Campionato de España Sub16

369

A Dirección Técnica da Federación Galega de Atletismo, logo da consulta aos distintos responsables dos diferentes sectores da FGA, ven de facer pública a selección Galega que tomará parte o vindeiro 10 de outubro no Campionato de España Sub16 en Idade Escolar. Dende o Club de Atletismo Millaraio salientan que dous dos seus atletas foron incluídos na convocatoria: Alejandro Jiménez (salto de lonxitude) e Alfonso Labella (lanzamento de martelo). Dende o club danlles a noraboa e desexan moita sorte a toda a selección.

Esta cita terá lugar na cide manchega de Cuenca o 9 e o 10 de outubro, e a ela acudirán unha trintena de galegos e galegas con moitos desexos de competir logo de que o ano pasado non se poidera celebrar polas circunstancias sanitarias.