Dous ouros para o Ames Atletismo e seis podios do MillaRaio nos campionatos galegos sub16

325

Os días 2 e 3 de xullo as pistas universitarias de atletismo de Elviña, na Coruña, acolleron a disputa dos campionatos galegos sub16 e sub20 individual e de combinadas ao aire libre

Neste senso, os clubs amesáns Ames Atletismo e MillaRaio sumaron sete metais nos campionatos sub16, destacando as dúas vitorias dos atletas do Ames Atletismo, Nicolás Collazo, nos 5.000 metros marcha, e María Estévez, nos 1.500 metros obstáculos, ademais das dúas pratas e dos cinco bronces conseguidas polos deportistas do MillaRaio

Ademais, o club do Milladoiro participou no campionato galego de clubs sub16, celebrado en Pereiro de Aguiar o pasado 26 de xuño, onde o seu equipo masculino obtivo a medalla de bronce

Bronce de Alex Cabo en Disco.
Bronce combinadas de Nuno Castro
Bronce Xevelina de Bran LIste
Campións Sub16 Ames Atletismo
Bronce Millaraio
Prata 5000 Ames Atletismo Millaraio
Prata 4x100m. Pablo Cariñena, Jorge García, Nuno Castro e Hugo Santos