Dúas medallas para o MillaRaio en Ourense

519

Oito atletas do Club de Atletismo Millaraio desprazáronse a Ourense esta fin de semana polo Campionato de Galicia de Pista Cuberta Sub10, Sub12 e Sub14. Seis deles participaban na categoría sub14 e outros dous na categoría sub12. Na proba, conseguiron subir ao podio sub14 Lucas Pena, que foi prata no triple salto, e Álex Cabo (aínda independente pero que estreará a súa licenza co MillaRaio no 2021) que foi bronce no lanzamento de peso.

No peso sub14 participaron ademais Pablo Cariñena (5º) e Pablo Leiva (6º). Pablo Cariñena rematou en 4ª posición nos 60ml, nos que Álex Cabo foi 7º. Nuno Castro tamén correu nos 60ml, aínda que con molestias logo de participar no salto de lonxitude (7º). David Moreno foi 4º en salto con pértega e 7º nos 60m valos.

Laura Sanz lesionouse no quecemento para os 60m valos e xa non puido participar na proba, nin nos 60 ml. Dende o club deséxanlle unha pronta recuperación. Na categoría sub12, Mateo Dagnac participou no salto de lonxitude, no que foi 4º, e Uxía Manteiga participou nos 60ml.