Dúas voluntarias realizan prácticas dentro do programa “Mozos e Mozas en Conexión”

451

Estas prácticas enmárcanse entro do programa de voluntariado xuvenil “Mozos e Mozas en Conexión”

O Concello de Ames asinou un convenio de colaboración coa empresa Agora Aberta, encargada de desenvolver o programa de conciliación Escola de Verán, para que dúas voluntarias realicen prácticas durante dez días, do 21 ao 31 de agosto, en horario de 9:30 a 14:00 horas, nas instalacións do CEIP A Maía, de Bertamiráns, onde se imparten actividades da Escola de Verán. Estas prácticas enmárcanse entro do programa de voluntariado xuvenil “Mozos e Mozas en Conexión”.

O concelleiro de Educación, David Santomil, e a concelleira de Mocidade, Silvia Dapena, visitaron aos nenos e nenas que están participando na última quincena do programa de conciliación Escola de Verán. Esta mañá os rapaces e rapazas participaron nunha saída para coñecer máis polo miúdo o funcionamento da oficina de Correos, que está situada na praza da Maía de Bertamiráns. Alí foron recibidos polos dous edís do goberno municipal.

O seu obxectivo é a promoción de actividades que favorezan o desenvolvemento persoal e profesional das mozas e dos mozos que participen, ao mesmo tempo que eles e elas contribúen a mellorar a calidade vida da comunidade

Este programa enmárcase na convocatoria de subvencións da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é a promoción de actividades que favorezan o desenvolvemento persoal e profesional das mozas e dos mozos que participen, ao mesmo tempo que eles e elas contribúen a mellorar a calidade vida da comunidade. Este ano participan neste programa oito mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. O programa “Mozos e Mozas en conexión”, componse de diferentes actividades de conexión entre a natureza, o patrimonio material e inmaterial, a cultura e maila educación.

Algúns destes mozos/as colaboraron na organización de distintas actividades municipais, como nos campamento municipais de verán e noutras actividades que se realizaron na Aula da Natureza. Agora, trala sinatura dun convenio de colaboración coa empresa Agora Aberta, dúas rapazas realizarán prácticas durante dez días, do 21 ao 31 de agosto, en horario de 9:30 a 14:00 horas, nas instalacións do CEIP A Maía, de Bertamiráns, onde se imparten actividades da Escola de Verán. Ao remate do voluntariado recibirán un diploma certificado de educación non formal.

O concelleiro de Cultura, David Santomil, destaca a importancia que estes programas de voluntariado teñen para coñecer, de primeira man, o funcionamento deste tipo de servizos no concello de Ames: “Sen dúbida, esta pode ser unha porta para buscar un futuro laboral no ámbito dos programas de conciliación e do ámbito educativo, que  son crecentes no caso do concello de Ames. Así, estas mozas e mozos, que están á procura do seu primeiro emprego, poderán atopar neste sector determinado o seu traballo o día de mañá”.