Eduardo Estévez presenta o poemario ‘Venecia abandonada’ o xoves 29 no Pazo da Peregrina

50

O segundo encontro literario deste curso nas bibliotecas amesás celébrase o vindeiro xoves 29 coa presentación de ‘Venecia abandonada’, poemario a cargo de Eduardo Estévez. Será ás 20h no Pazo da Peregrina, nun acto no que tamén estarán o poeta Estevo Creus e a edil de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.

‘Venecia abandonada’, de Edicións Positivas, é un libro de poemas cuxo fío condutor é o paseo dun viaxeiro solitario por unha Venecia crepuscular e abandonada. Esta idea distópica refórzase co CD que acompaña o libro, con música do Grupo 1500. Neste inclúense obras musicadas publicadas nas imprentas venecianas durante o século XVI.

Eduardo Estévez, nado en Arxentina en 1969, é un escritor cuxa andaina comezou en 1998. Ten publicado diversos textos e colaborou en publicacións periódicas e volumes colectivos.