En marcha a campaña de tarxetas bono Reactiva Ames para impulsar o comercio local

324
Fotograma de `En Ames témolo todo´

Ata 3.000 tarxetas-bonos poranse en circulación no marco da campaña de tarxetas bono Reactiva Ames. Esta iniciativa da Concellería de Promoción Económica funcionará durante 2021 xerando un volume de negocio de 280.000 euros. Os bonos poderán intercambiarse nos establecementos do municipio que se inscriban ata o 31 de xaneiro. Os bonos comezarán a distribuirse entre os potenciais clientes dos establecementos a partir do día 5.

A iniciativa desenvolverase en dúas fases. Na primeira poderanse adquirir as tarxetas e facer as compras no do 5 de febreiro ao 31 de marzo. Posteriormente, haberá unha segunda fase do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2021 na que tamén se poderán mercar as tarxetas bono e facer as compras coas tarxetas.

A campaña contempla dúas clases de bono. Polo primeiro deles pagaranse 30 euros e obteranse 50 para gastar. Haberá 2.000 bonos. O segundo, do que haberá 1.000. custará 60 e terá un valor de ata 100 para compras. O Concello achega o 40% do valor dos bonos.