Encontro do candidato á secretaria xeral do PSdG González Formoso coa militancia socialista de Ames

207

O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso mantivo un encontro este sábado coa militancia socialista de Ames, Boiro, Noia, e Oroso, onde reivindicou un PSdeG “forte e unido, que non renuncie a gobernar en Galicia”.

“Os compañeiros e compañeiras comparten que o PSdeG ten que ser unha forza que ilusione á militancia, que estea ao carón da xente e, como fixo noutros tempos, volva a ter criterio sobre asuntos de país e non se limite a sinalar problemas senón tamén a aportar solucións. É dicir, facendo un socialismo útil para a sociedade porque esa é a nosa forma de ser e a nosa forma de gobernar”, afirmou.

Compartir
Artículo anteriorAmes busca atraer ao sector audiovisual
Artículo siguienteUn outono cargado de actividades en Ames
AMSGO! tráeche a información local do máis preto de ti. Temos soporte online e unha publicación mensual física que repartimos de balde nos negocios, prazas e rúas de Ames.