Entrega de premios do XX Certame Literario de Ames

A Casda da Cultura do Milladoiro acolleu o pasado venres a gala de entrega do vixésimo Certame Literario Concello de Ames, que reuniu os 18 gañadores de poesía e narrativa. Josito Porto conduciu o evento con moito humor e emoción. Na música colaboraron tamén Sabela Dacal e Rafa Otero, dos grupos de Linguaxe Musical e o Combo Folk da Escola Municipal de Música de Ames. Nestes vinte anos de traxectoria do concurso recibíronse máis de 3.000 obras, e foron premiadas e publicadas un total de 360.

As nove persoas premiadas na modalidade de narrativa foron Lucía Quintáns Suárez de Negreira, Iria Seoane Villa de Ames e Ana López Canosa da Coruña, na primeira categoría (ata os 13 anos); María Rodríguez Maroño de Touro, Alfredo Marques, residente entre Marín e Madrid, e Soraya Paredes Negreira de Santa Comba, na segunda categoría (de 14 a 17 anos); e Xosé Anxo Corral Suárez de Ames, Mónica Castro Pena de Sada e Avelino Salgueiro Troncoso de Teo, na terceira categoría (a partir dos 18 anos).

Na modalidade de poesía, as persoas galardoadas foron Arwen Fernández García de Nigrán, María Victoria Rodríguez Varela de Arteixo e Carme Pereira Troncoso de Lugo, na primeira categoría; Paula Expósito Giadás de Santiago de Compostela, Amalia Blanco Pose de Santa Comba e Manuel Muñoz Vázquez de Carballo, na segunda categoría; e Francisco Javier Fernández Davila de Nigrán, Laura Sánchez Castro de Mos e Lara Boubeta Bamio de Cangas, na terceira categoría.

Todos os textos premiados publicaranse nun libro colectivo que verá a luz no vindeiro mes de abril.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *