Entrevista a Xoanma Pérez no AMSGO! de papel: “As bibliotecas xa non son sitios rancios e escuros, son espazos para dinamizar o gusto pola cultura”

140

O día 23 de abril, Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor,  falamos cun dos técnicos das Bibliotecas Municipais de Ames. Xoanma Pérez Lijó e un dos encargados, son cinco, de desfacer do noso imaxinario a idea de que unha biblioteca é un vello contedor de volúmenes gardados celosamente por un non menos ancián e misterioso persoeiro. As Bliotecas Municipais funcionan doutro xeito. Verdade?

As bibliotecas en España teñen un concepto moi patrimonial e, como tardou moito tempo en desenvolverse un proxecto de bibliotecas públicas abertas a todo tipo de usuarios, a idea que pervive é a que ti reflexas na introducción da pregunta, de espazos rancios e escuros con libros antigos. O concepto de bibliotecas públicas está cambiando desde xa hai moitísimos anos, principalemente desde os anos 90 en España, e apostan pola lectura pública. Nós temos que responder ás normas que nos indica a Unesco e a IFLA (Federación Internacional de Bibliotecarios). Prevalecen varios criterios, que son o fomento da lectura, a educación, a cultura e o ocio. O estudo non ten que ver coa aprendizaxe, agora as bibliotecas soen quitar estes espazos e empregalo para dinamizar o gusto pola lectura. Desde as bilbiotecas de Ames nós tamén traballamos esa labor de promoción da lectura, no público infantil e máis de vez en cando dirixidas ao público adulto.

Quizá porque ao pasar pola etapa de pais e nais o empregamos para a conciliación, o que máis e o que menos coñece os métodos de iniciación ao libro. Outro conto son os adultos. 

Custa un pouquiño máis

Conta, como facedes?

Pero non porque os adultos non teñan interese, senón que existe un problema de horarios. Queiras ou non tes xente ao teu cargo, sexan nenos ou sexan adultos e entre o traballo, a vida persoal, quédache pouco tempo libre para asistir a este tipo de ectos. Pero nós temos feito recitais de poesía ou encontros con autores. O que está tendo máis éxito son os encontros literararios.

Fóra da Biblioteca?

Son no Pazo da Peregrina, Bertamiráns. Todos os lectores e autores están encantados cando os levamos alí. Facemos actividades periódicas durante todo o curso escolar e cada quince días unha presentación no pazo. 

Presentacións de autores e autoras de aquí, de Ames. hai moito autor e autora entre a veciñanza?

Non só de Ames senón da comarca. Aproveitamos a pertenza á comarca de Santiago. Isto déixache unha carteira ampla de autores e autoras. Cando o convidado ou convidada é ou vive en Ames, favorece a promoción do evento. Hai un entorno da persoa e queren vela. Pero o noso criterio de selección non é que sexa veciño. O noso criterio é proximidade, buscar os autores de obra recente e tamen que os autores se ofrezan a presentara súa obra. Isto é especialmente interesante para os autores noveis, pouco coñecidos, non consagrados, que non atopan espazos onde facer as súas presentacións. Ten vido xente desde Ferrol, Ourense, e contan coa facilidade que lle damos de poñer o espazo e a publicidade. Tamén contactamos coas librerías locais para que poñan a súa obra á venda.

As librerías colaboran?

As librerías axudan porque ofrecen autores para vir presentar. E nós compensamos a falta de espazo que as veces as librerías teñen para facer este tipo de presentación de autores. Xogamos con esa conversación librería – biblioteca tan interesante. Non só que lle poidamos comprar libros senón que ademais cedémosle o espazo do Pazo da Peregrina ou da propia biblioteca. Tamén no beneficiamos do coñecemento en persoa dos autores.

Tamén están satisfeitos?

Si, aínda que veñen de maneira altruísta. Ás veces atópanse cun público más agradecido e outras menos.  

Cambiando de tema. Na era dixital, cómo se compite coas novas formas de lectura co consumo de pezas efímeras audiovisuais, coa IA…

Hai anos que estamos a deixar de comprar o que chamamos materias especiais, como formatos en CD, películas, etc. Só cine clásico ou misica en galego, por se non sobreviven ao streaming. Nós optamos por adaptarnos á demanda de novidades, moi demandadas, pero que non se volven ler cando pasa a moda e combinar a súa compra coa de obras de maior recorrido, que sabes van ter demanda no futuro.