A Escola Infantil da Madalena visita o aeródromo militar de Lavacolla

Os alumnos e alumnas da escola infantil da Madalena xuntos coas súas mestras e mestres participaron nunha interesante visita aeródromo militar de Lavacolla, onde puideron ver as avionetas e ata subirse nelas.

627
visita-aeródromo-militar-lavacolla-madalena

Ao longo do curso realizan varias actividades e saídas que están enfocadas a que os nenos e nenas coñezan o seu contorno máis próximo

Continúan as actividades que se desenvolven dende a escola infantil da Madalena, situada na localidade de O Milladoiro. Ao longo do curso realizan varias actividades e saídas que están enfocadas a que os nenos e nenas coñezan o seu contorno máis próximo e determinadas actividades que se realizan na vida cotiá. Todas estas iniciativas están recollidas na programación anual da escola.

Neste caso participaron na visita ao aeródromo militar de Lavacolla, onde puideron ver as avionetas e ata subirse nelas. Tamén viron de preto un avión do servizo de extinción de incendios e visitarannos os bombeiros que lles fixeron unha demostración co seu camión.

Ademais, durante o pasado mes de abril nesta escola escola infantil realizaron varias actividades relacionadas coa conmemoración do día do Libro. Deste xeito, o alumnado de prácticas fixo un contacontos para celebrar o día do libro. As mestras tamén lle contaron aos nenos e nenas varios contos sobre a temática de deixar o cueiro. Despois os rapaces e rapazas fixeron neve coa parte de dentro dos panais e con colorante puideron pintala.

No marco desta celebración tamén se realizou unha feira para fomentar o intercambio de libros de todos os alumnos da Madalena. Por último, a escola agasallou a todas as familias con un exemplar dun libro de receitas feito polas familias do curso 2007/2008 e editado polo Concello de Ames.