Esta noite actuará Soul & Roll nas Noitas na Terraza do Milladoiro

O dueto Soul & Roll é un proxecto musical composto por Tamara Pérez, voz, e Miguel Araújo, guitarra acústica.

592

O dueto Soul & Roll é un proxecto musical composto por Tamara Pérez, voz, e Miguel Araújo, guitarra acústica

Tamara Pérez e Miguel Araújo estarán este venres, 21 de xullo, a partir das 21:30 horas, na terraza do Café Bar 500 no Milladoiro. O concerto encádrase dentro do programa Noites na Terraza, que conta coa colaboración do Concello de Ames a través da Concellería de Educación e Cultura. Este domingo, 23 de xullo, tamén se celebra a Virxe do Carme en Bugallido.

O dueto Soul & Roll é un proxecto musical composto por Tamara Pérez, voz, e Miguel Araújo, guitarra acústica. Fundado en Ourense en 2012, céntrase fundamentalmente na interpretación de cover´s de temas lendarios do pop, do rock e do soul nacional e internacional, desde a década dos 80 ata a actualidade. Alén diso, tamén teñen os seus propios temas. O primeiro deles é “Tatuados no Tempo”, co que renden homenaxe ao programa Luar da Televisión de Galicia. Coa súa segunda composición propia, Siempre Cantaré, o dueto ourensán presentouse ao Festival da Canción do Grove de 2013, acadando o segundo premio do certame.

Este venres, 21 de xullo, o dueto estará no ciclo Noites na Terraza, co que se pretende dinamizar o sector hostaleiro do Milladoiro e animar as noites de verán, para que a veciñanza goce do seu tempo de lecer ao tempo que escoita actuacións de grupos galegos. O programa conta coa colaboración do Concello de Ames a través da Concellería de Educación e Cultura.