Este sábado poderás iniciarte ao piragüismo en Tapia

508

Esta actividade ten a finalidade de que todos os amesáns e as amesás poidan aprender a dominar esta embarcación

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza este sábado, 18 de xuño, unha xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverá na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 14:00 horas. Esta actividade ten a finalidade de que todos os amesáns e as amesás poidan aprender a dominar esta embarcación. A xornada será de portas abertas polo que poderán asistir todas aquelas persoas interesadas nesta actividade pero que sexan maiores de 8 anos.

Aprender a subirse a unha piragua, a manter o equilibrio e a manexar as palas para que a embarcación se desprace correctamente son os obxectivos básicos que persegue a actividade Achégate ao piragüismo, que se celebrará este domingo nas instalacións da praia fluvial de Tapia. O Concello de Ames conta coa colaboración do Club Piragüismo Ribeiras do Tambre que se encarga de impartir esta actividade que se enmarca dentro da celebración da XI Festa da Natureza do Concello de Ames.