Este setembro volve o programa Apego

520

A actividade insírese dentro do programa Apego. Un proxecto colectivo que quere acompañar ás familias na transmisión do galego ás nenas e nenos durante os seus primeiros anos de vida

Bea Campos e Paulo Medal, de Migallas Teatro, serán os encargados de desenvolver o obradoiro Orella Pendella, no que se lle ensinarán ás nais e pais, de maneira práctica e divertida, ditos, recitados e cancións infantís. O prazo de inscrición comeza este 1 de setembro e remata o vindeiro día 12.

O vindeiro 15 de setembro, Migallas teatro presentará en Ames o obradoiro Orella Pendella, que contará con música en directo, e no que se ensinarán ditos, xogos, contos, recitados e cancións infantís, a partir do traballo recollido en www.orellapendella.gal. O obxectivo deste obradoiro é o de recuperar e devolver ás familias o patrimonio lingüístico que viña se herdando de xeración en xeración.

Están previstas dúas sesións de 45 minutos cada unha: a primeira ás 18:00 horas e a segunda ás 19:00h. As dúas desenvolveranse na Casa da Cultura do Milladoiro. O obradoiro, que está dirixido a familias con nenas e nenos entre os 0 e os 6 anos, contará con prazas para 25 familias en cada sesión.

A actividade insírese dentro do programa Apego. Un proxecto colectivo que quere acompañar ás familias na transmisión do galego ás nenas e nenos durante os seus primeiros anos de vida (nomeadamente, entre os 0 e os 6 anos). O programa buscar reforzar nas crianzas a identidade coa familia e coas súas raíces a través de xogos, contacontos, festas, xornadas de convivencia e outras actividades.