Este venres Guadi Galego actuará no Pazo da Peregrina

O concerto, que será ás 22:00h no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, encádrase dentro do programa “Cultura no Camiño” da Xunta de Galicia.

952

Tanto este concerto de Guadi Galego, como o de Treixadura da semana pasada, encádranse dentro do programa “Cultura no Camiño” da Xunta de Galicia

O próximo venres, 14 de xullo, Guadi Galego presentará o seu novo traballo no Pazo da Peregrina de Bertarmiráns, ás 22:00 horas. Baixo o nome, O mundo está parado, o seu novo disco conta coa colaboración de músicos como Abe Rábade, Santi Cribeiro, Anxo Pintos ou Karlos Abal. A actuación é de balde.

Guadi Galego é unha das voz máis fermosas da música galega contemporánea. Foi gaiteira, pianista e vocalista no grupo Berrogüeto ata o 2008, momento no que comezou a formar parte do dúo Espido e do trío Nordestin@s. En solitario leva xa publicados tres ámbuns: Benzón, Luas de outubro e agosto e O mundo está parado.

Este último traballo de Guadi Galego caracterízase pola sensibilidade, intensidade e calidade que a artista sempre persigue nos seus traballos. Nel conta coa colaboración de músicos como Abe Rábade, Santi Cribeiro, Anxo Pintos ou Karlos Abal.