Éxito de participación no primeiro tramo do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía

50 persoas participaron na andaina que organizou o Concello de Ames e maila a asociación deportiva Rutas A Pie polo primeiro tramo do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

760
camiño-santiago-fisterra-ames

Isabel González: “Todos os participantes quedaron moi satisfeitos e xa preguntaron para cando se vai a realizar a segunda etapa”

Arredor de 50 personas participaron na andaina organizada polo Concello de Ames xunto coa asociación Rutas A Pie polo primeiro tramo do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía. Os participantes saíron dende a praza do Obradoiro e remataron a súa andaina en Negreira completando a primeira etapa deste Camiño. Foron acompañdos polo alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Participación e Atención Veciñal e Promoción Económica, Isabel González Cancela.

A asociación deportiva Rutas A Pie e mailo Concello de Ames veñen colaborando dende o 2016 na organización de diversas rutas e andainas por diferentes lugares de Galicia e de España. Nesta ocasión organizaron unha andaina polo Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía que se desenvolveu o pasado sábado 6 de maio.

A concelleira de Participación e Atención Veciñal e Promoción Económica, Isabel González, destacou que “o balance desta primeira etapa do Camiño que discorre entre Santiago e Fisterra foi moi positivo. Todos os participantes quedaron moi satisfeitos e xa preguntaron para cando se vai a realizar a segunda etapa. De momento non hai unha data fixa, pero avisarase con tempo para que todas as persoas interesadas se poidan apuntar”.

González remata as súas declaracións agradecendo a labor da asociación durante todos estes anos no que “é un orgullo para o Concello dispor dunha asociación que organiza tantas andainas ao longo de ano tanto por territorio galego como polo resto de España”.