O F.C. Meigas organiza unhas xornadas de captación

743

As rapazas interesadas en formar parte destes equipos, poderán participar dos primeiros adestramentos e comprobar se teñen madeira de futbolistas

O próximo 1 de setembro comezan os adestramentos do Primeiro equipo e do Infantil Autonómico do F.C. Meigas. As rapazas interesadas en formar parte destes equipos, poderán participar dos primeiros adestramentos e comprobar se teñen madeira de futbolistas.

Os adestramentos do F.C Meigas serán, na categoría de Infantil Autonómica, os mércores, entre as 18:30h e as 20:00 horas, no pavillón do Milladoiro; e os venres, de 18:00h a 19:30h, no pavillón de Bertamiráns. Na categoría Senior Provincial, as futbolistas adestrarán de 20:00h a 22:00h, os mércores, no Milladoiro; e os venres, no pavillón de Bertamiráns, entre as 19:30h e as 21:30 horas.

O equipo Infantil Autonómico (entre os 13 e os 14 anos) é unha das novidades do F.C. Meigas de cara á nova tempada e competirá cos mellores equipos infantís de Galicia. Pola súa banda, o equipo Senior Provincial (formado por rapazas de máis de 15 anos) repetirá este ano a súa participación na Liga Provincial da Coruña, loitando polo ascenso á categoría Autonómica.