Fanse públicos os nomes dos gañadores do concurso fotográfico Enfoca Ames

47

A Xuntanza de Empresarios de Ames e o Concello, organizadores da II edición do Concurso de Fotografías Enfoca Ames, deron a coñecer os gañadores do certame. O obxectivo deste é fomentar o achegamento da veciñanza aos lugares senlleiros do concello. Nesta edición tomaron parte 60 fotografías en tres categorías (paisaxe, macro e artística). O xurado estivo composto por catro persoas, dúas representantes do Concello e dúas da XEA. Foron as técnicas de Turismo, Sonia Moure, e de Medio Ambiente, Patricia Reboreda (persoal do Concello de Ames), e por Adrián Cunha, de Pixelín Photo, e Ramón Cordido, ambos propostos por XEA. Escolleuse unha imaxe gañadora e tres accésits por categoría.

Na categoría paisaxe, o primeiro premio foi para Montserrat Leis Fernández coa foto, Remuíño de Paz. O segundo premio recaeu en José Luís Gigirey González coa obra, Brétemas no val da Maía, mentres que o terceiro premio foi para Asier Lusarreta Lizarazu coa instantánea, Corrente Perenne. Os tres accésits recaeron en Roberto Sanmartín Almeida, Pablo Blanco Teijeiro e María Cristina Valdés Ferreiro.

Na categoría Macro o primeiro premio foi para Beatriz Castro Cantón coa obra, Mundo Amarelo. O segundo premio recaeu en María del Carmen Fernández Villaverde coa fotografía, Sorriso arácnido, e o terceiro premio foi para Ainhoa Conde Castro coa obra, Estalotes polo San Xoán. Os accésits foron para Patricia Pérez Corchado, Pablo Blanco Teijeiro e Francisco Javier Riaño Lueiro.

Por último, na categoría artística, o primeiro premio  foi para Pablo Blanco Teijeiro coa instantánea, Paxaros. O segundo premio recaeu en María Cristina Valdés Ferreiro coa obra, Candado de Amor, e o terceiro premio foi para Ainhoa Conde Castro coa fotografía, Vagamundo en AugaPesada. Os tres accésits recaeron en Patricia Pérez Corbacho, Ignacio Sánchez Rial e Javier Antelo Seoane.

Os nove premios son cheques para gastar nos comercios asociados á XEA de 100, 50 e 25 euros.