Este sábado, 13 de abril, a praza da Maía de Bertamiráns acollerá a terceira edición da Feira de Saúde e Ben-Estar, organizada polo Concello de Ames a través da concellería de Promoción da Saúde
A partir das 11:00 horas e ata as 20:00 horas, un total de 10 asociacións participarán neste evento cos seus stands para proporcionar información sobre a súa labor a todas aquelas persoas que se acheguen ata a feira
Ademais, a xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Ames participará na Feira da Saúde con dúas exposicións e unha charla sobre o cancro de mama. A temática central desta edición será a menopausia e os seus efectos na vida das mulleres
A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, destacou que “un dos obxectivos deste evento é trasladar á veciñanza todas as actividades e iniciativas que fan e todo o apoio que proporcionan as distintas asociacións que van participar”