Festas de San Andrés e a Virxe do Rosario en Agrón

139

A parroquia de Agrón celebra durante a fin de semana as festas de San Andrés e da Virxe do Rosario, organizadas pola Asociación Cultural e a Comisión de Festas de San Lourenzo de Agrón coa colaboración do Concello.

O sábado, a misa do San Andrés será á 1 do mediodía, seguida dunha sesión vermú a cargo do dúo Reflejos. No serán haberá verbena co trío Alborada e disco móbil CDC.

Ao día seguinte, a misa da Virxe do Rosario será tamén á 1 do mediodía. A continuación haberá procesión e sesión vermú coa agrupación Os Castros, dentro do programa municipal “Música nas parroquias”, centrado en música tradicional.