Fin de curso no EMMA

772

A actuación será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 19:30 horas

O vindeiro mércores, 21 de xuño, o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames celebra o seu tradicional concerto de fin de curso. Este ano, o concerto presenta algunha novidade con respecto a edicións anteriores, xa que o alumnado interpretará un conto inventado polas alumnas e os alumnos de Linguaxe Musical da escola. A actuación será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 19:30 horas. Alén diso, o xoves, 22 de xuño, parte do alumnado realizará tamén un concerto na Casa da Cultura do concello de Negreira.

Como xa é costume no concello, o alumnado da EMMA celebrará o próximo 21 de xuño o seu concerto de fin de curso. Este ano, a actuación presenta novidades con respecto a anos anteriores, xa que todo o concerto estará baseado nun conto inventado polo alumnado de Linguaxe Musical da escola. A actuación será ás 19:30, na Casa da Cultura do Milladoiro.