Formoso no 8M: A igualdade debe ser unha prioridade

176

Valentín González Formoso, Presidente da Deputación da Coruña, sinalou en relación ao traballo da institución supramunicipal en materia de igualdade que “situamos como PRIORIDADE do noso Goberno a LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA E a atención ás mulleres que a sofren. Financiamos cos concellos da Coruña, Culleredo e Ferrol o mantemento das casas de acollida, vivendas tuteladas e pisos de inclusión e transición para dar servizo ás mulleres que buscan seguranza e condicións acaídas para escapar dunha situación de violencia de xénero”.

Formoso fixo estas declaracións coincidindo coa visita á Fundación Mujeres da Coruña, o día 8M.

María Muíño: “o 8M é unha data para a reflexión e que nos permite afirmar, á luz dos datos, que non hai igualdade”

María Muíño cualificou o 8 de marzo como “unha data para a reflexión, unha data para tomar conciencia da realidade das barreiras e desigualdades que aínda permanecen, e que nos permiten afirmar á luz dos datos que non hai igualdade”. A deputada explicou, durante a súa intervención, que “se algo voltou constatar a crise sanitaria é que cada vez que nos toca enfrontarnos a unha etapa de crise, sexa cal sexa a orixe, as mulleres sabemos que as consecuencias van ser brutais para nós, entre outras cousas porque xa partimos dunha situación de desvantaxe”.

‘Mobilizadxs xti’

A campaña ‘Mobilizadxs xti’, que durará todo o mes de marzo, ten por obxectivo principal difundir a realidade da muller actual, baseándose nas cifras desfavorables en cuestións como a fenda salarial, na precarización laboral ou no ámbito da conciliación e dos coidados.