Fútbol solidario o domingo en Bertamiráns

229

Esta mañá presentouse na Casa do Concello unha acción solidaria coordinada entre a Concellería de Deportes de Ames, o Bertamiráns FC e a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS). As tres entidades unen forzas para conseguir fondos para Vacacións en Paz 2023, o veterano programa de acollida no que centos de nenos e nenas que viven en campos de refuxiados en Tindouf (Arxelia) pasan o verán en Galicia.

A recadación da venda de entradas do partido Bertamiráns FC – SD Urdilde do próximo domingo doarase á SOGAPS. As entradas custarán catro euros. Tamén se venderán rifas e haberá un stand informativo o propio domingo na área deportiva.