Genma Otero presenta os orzamentos participativos 2017 para o rural

Estes orzamentos prentenden que sexan unha implicación da cidadanía para resolver os seus problemas ou demandas a través das súas propostas.

837

O orzamento a repartir entre as once parroquias ascende a 132.000 euros e que lle corresponden 12.000 euros a cada unha

Hoxe na Casa do Concello de Bertamiráns a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, acompañada polo alcalde, Jose Miñones, e o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, presentaron os orzamentos participativos 2017 para o rural. Estes orzamentos prentenden que sexan unha implicación da cidadanía para resolver os seus problemas ou demandas a través das súas propostas.

O orzamento a repartir entre as once parroquias ascende a 132.000 euros e que lle corresponden 12.000 euros a cada unha. O método de traballo serán xuntazas cos veciños no que se nomeará un representante de cada parroquia para formar a Comisión dos Orzamentos Participativos no que tamén estará o Goberno local e os técnicos do concello que darán o seu visto bo dentro da legalidade establecida.

A concelleira comentaba que “a participación pode ser a título colectivo como asociacións de veciños ou culturais e tamén individuais. Dende hoxe ata dentro de quince días manteremos xuntazas cos veciños e veciñas das parroquias. O día 9 comezará o prazo para a presentación das propostas por rexistro no concello ata o 23 de xuño. A partir dese momento, a comisión traballará con todas as propostas recibidas”.

Pola súa parte Miñones infería en que nos plans do tripartito “estar dar voz a cidadania recollendo as súas demandas por primeira vez nun acto completamente aberto a transparente.” Remataba dándolle un toque de atención á oposición xa que “este é un novo xesto que temos para o rural que tanto demanda a oposición e que sempre estamos a facer cos diferentes investimentos que levamos a cabo alí”.