O Goberno aproba 100.000 euros en obras para Bugallido, Ames e Ortoño

As obras, que financiará a Deputación Provincial de A Coruña, ascenden a preto case 100.00 euros.

660

Blas García: “Cada día estamos a demostrar a aposta deste goberno polo rural, xa que neste caso investimos 100.000 en euros en obras que acometeremos nas parroquias de Bugallido, Ames e Ortoño”

O Goberno de Ames, a través de o Plan de Aforro e Investimento (PAI) e do Plan Complementario de Obras e Servizos da Deputación de A Coruña (POS) que financiarán os devanditos proxectos de obras, afronta pavimentacións, arranxos de camiños e obras de abastecemento e saneamento. “Cada día estamos a demostrar a aposta deste goberno polo rural, xa que neste caso investimos 100.000 en euros en obras que acometeremos nas parroquias de Bugallido, Ames e Ortoño”, declara o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García.

52.061,36 euros chegarán a Ames a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial de A Coruña. A Xunta de Goberno Local ven de aprobar que se destinen estes cartos á execución das obras do camiño que vai de Pousada á capela de San Xoanciño, ás do camiño de Oca á Igrexa, a pavimentación do interior da aldea de Sisalde e o saneamento no núcleo de Susavila de Carballo.

Por outra banda, 40.559,96 euros procedentes do Plan de Aforro e Investimento (PAI) da deputación de A Coruña, serán empregados na execución das obras de ampliación de abastecemento de auga nos lugares de Guimaráns e Quistiláns, pertencentes á parroquia de Bugallido. Con respecto a estas obras, o concelleiro Blas García, declara que “seguimos a cumprir o compromiso de estender ao rural as canalizacións de saneamento e, como é o caso, o de abastecemento, xa que levamos a auga a dous lugares que carecían deste servizo básico e que fai tempo o reclamaban”.