O pasado sábado, unha pequena representación da Agrupación de Protección Civil de Ames estivo en Carballo na homenaxe organizada pola Asociación Provincial de Protección Civil da Coruña ás agrupacións provinciais. Esta homenaxe recoñeceu o compromiso e o extraordinario labor desenvolto ao servizo a cidadanía durante a crise causada pola pandemia de COVID-19.
