Hoxe, no ciclo “Cine con nome de muller” proxectan “Concepción Arenal, a visitadora de cárceres”

200

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este mércores, 3 de maio, ás 20:30 horas a proxección de “Concepción Arenal, a visitadora de cárceres”. A través deste filme preténdese reivindicar a figura desta avogada, activista e precursora do feminismo que marcou un antes e un despois no sistema penal español. Os convites, de balde, xa se poden descargar a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.