Na modalidade de kata, Tiago Blanco competiu en categoría benxamín, amosando un excelente desempeño que lle permitiu chegar ata as semifinais. Porén, non obtivo o pase á final, e tivo que loitar polo bronce. Finalmente, obtivo o quinto posto da clasificación.
Por outra banda, Xián Blanco competiu en kumite na categoría Alevín >34kg, onde tivo unha actuación decidida no primeiro combate levando a iniciativa no marcador. Con todo, non obtivo o resultado desexado.
Ademais, o técnico da escola Adrián Seoane completou a súa titulación como Árbitro Nacional A, o que lle permitiu participar nesta mesma competición.