O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizaron onte domingo 24 de marzo a primeira edición do Trofeo de Marcha en Ruta.
Na categoría feminina absoluta a primeira en parar o tempo foi Icía Ares, do club Ourense Atletismo, que gañou a categoría ao rematar a proba en 28:01. Na segunda posición quedou María Herminia Grande, tamén do club Ourense Atletismo, cun tempo de 30:35, e terceira foi Xoana Méndez, de ADAS CUPA, cun tempo de 30:45.
Por outra banda, na categoría masculina absoluta, o gañador foi Juan Manuel Morales, de Marineda Atlético, cun tempo de 22:51. O segundo posto foi para Ismael Díaz, tamén dp Marineda Atlético, cunha marca de 23:51, seguido de Andrés González, do RC Celta, cun tempo de 23:31.
Nesta proba tamén participaron os dous clubes amesás de atletismo, o Millaraio e o Ames Atletismo. Co primeiro competiron Nadir Moreira (categoría masculina absoluta), Ana Barreiro (feminina sub16), Olaia Pazos (feminina sub10), Erin Bouzas (feminina sub10), Sara Blanco (feminina sub12), Carla Noya (feminina sub10) e Claudia Paredes (feminina sub 10). Pola súa banda, o Ames Atletismo estivo representado por Nicolás Collazo (categoría masculina absoluta), Ainhoa Suárez (feminina sub16), Mariña Rodeiro (feminina sub14), Juan Pernas (masculina sub14), Julieta Rodríguez (feminina sub 12), Aron Grille (masculina sub12) e Lois García (masculina sub12).