O IES do Milladoiro condecorado co distintivo “Sello de Vida Saludable”

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte acaba de condecorar ao IES. do Milladoiro co distintivo de calidade "Sello de Vida Saludable".

1564

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte acaba de condecorar ao IES do Milladoiro co distintivo de calidade “Sello de Vida Saludable”

O instituto de educación secundaria do Milladoiro volve a estar de celebración. Se fai un par de semanas sabíamos da nova de que dous alumnos do centro obtiveran o premio aos mellores expedientes e notas da EBAU (antiga selectividade), agora volven a recibir unha nova ledicia. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte acaba de condecorar ao IES do Milladoiro co distintivo de calidade “Sello de Vida Saludable”.

Este selo otorgado polo Ministerio supón un “recoñecemento público dos centros docentes que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de práticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado”.

Neste 2017, 46 centros de toda España obtiveron o distintivo; catro son galegos e un deles, o IES do Milladoiro.  Dende que o instituto abrira as portas no concello, son moitos os recoñecementos que están a recoller tanto pola súa labor educativa como no ámbito de actividades que poñan en valor aos rapaces e rapazas.