Impago das axudas ás ANPAS

O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, aínda non pagou as axudas que lle corresponden as ANPAS do ano 2016.

552
reunion_ANPAS1

Non se fixo efectivo o pago das axudas as ANPAS o que provoca que estea poñendo en perigo as actividades que desde as asociacións de pais e nais teñen programadas

Segundo a nota de prensa de PxA, o tripartito non pagou as axudas que lle corresponden as ANPAS do ano 2016. No mes de novembro de 2016 o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, publicitou que “está traballando para sacar a comezos do vindeiro ano as distintas liñas de subvencións municipais.” A día de hoxe, os de Argibay recalcan que “aínda non se fixo efectivo o pago das axudas as ANPAS o que provoca que estea poñendo en perigo as actividades que desde as asociacións de pais e nais teñen programadas”.

A formación amarela reitera que David Santomil “está poñendo desculpas do máis infantil xa que lle bota a culpa a que os orzamentos do 2017 están en período de alegacións cando as axudas corresponden ao ano 2016, sabendo que, ademais, poderían facer efectivo o pago das axudas porque hai un orzamento prorrogado mentres non entre en vigor o novo orzamento do ano 2017”. Remata PxA acusando da dobre moral que ten Santomil así como a intención de “eludir a súa responsabilidade como responsable desta área nos dous anos que leva no Goberno”.

A espera de novas por parte do concello o que está claro e que a día de hoxe as ANPAS seguen sen ter os cartos correspondentes ao 2016 o que está facendo perigar moitas das actividades programadas.

O Grupo Popular tamén recolleu esta reivindicación das ANPAS e reprocha ao Goberno que se escude na falta da aprobación definitiva dos Orzamentos porque eles sí cobran regularmente as dedicacións que se impuxeron.