Importante descenso de positivos por COVID-19 en Ames

624

O Concello informou esta maá dun importante descenso do número de casos de COVID-19 a nivel local, segundo datos da Consellería de Sanidade. Hai agora mesmo 81 casos activos, 14 menos que hai catro días.

Nesta cifra contabilízanse os casos positivos detectados a través das probas PCR que se realizaron co cribado masivo de 3.700 mostras entre a poboación do concello, co obxectivo de frear a posible transmisión e intentar localizar posibles casos asintomáticos. Na actualidade estáselle facendo un seguimento a 223 persoas que tiveron contacto estreito con algunha das persoas contaxiadas.