O incendio de Aldea Nova xa está extinguido

706

A rápida intervención dos equipos contra-incendios evitou que o lume se propagase e puxese en perigo as vivendas da urbanización de Aldea Nova

Este mércores, 15 de agosto, arredor das 16:30 horas, orixinouse un incendio forestal preto da urbanización de Aldea Nova. Segundo as investigacións, a espera de que se rematen as instrucións por parte da unidade da policía autonómica, o lume foi accidental, polo que non foi intencionado. O incendio orixinouse no monte que está próximo a dita urbanización. Posteriormente, dito lume saltou a outra beira da estrada, a zona dos Batáns, preto ao cemiterio municipal. Isto provocou que houbese que cortar a estrada AC-543. Estímase que a superficie queimada foi de 3,6 hectáreas. Arredor das 19:00h deuse por controlado o lume.

A rápida intervención dos equipos contra-incendios evitou que o lume se propagase e puxese en perigo as vivendas da urbanización de Aldea Nova, así como que ardese máis superficie. No operativo participaron 10 cuadrillas, 4 helicópteros, 2 hidroavións, 4 moto bombas, o tractor cisterna que aporta o Concello, axentes da Policía Local de Ames e da Garda Civil do Milladoiro, membros da Garda Civil de Tráfico, así como da unidade da policía autonómica (que se encargaron de realizar as instrucións dos feitos), de protección civil de Santiago de Compostela e do grupo de emerxencias de Brión.

Asemade, tanto o concelleiro de Medio Ambiente, Javier García, como a concelleira de Atención Veciñal, Isabel González, estiveron en todo momento nas inmediacións da urbanización de Aldea Nova controlando o operativo de extinción. En principio, á espera de que a policía autonomía remate as instrucións do incendio, parece que o lume foi accidental, polo que non foi provocado. Estímase que a superficie queimada foi de 3,6 hectáreas.