Iníciate no piragüismo na praia fluvial de Tapia

634

O prazo para apuntarse xa está aberto e finalizará no momento no que se acaben as prazas dispoñibles

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza uns cursos de iniciación ao piragüismo durante os meses de xuño, xullo e agosto. Esta actividade está dirixida aos nenos/as nados entre 2003 e 2009. Durante o mes de xuño e xullo esta actividade impartirase os luns, mércores e venres, en horario de 16:30 a 17:30 horas, mentres que en agosto as clases impartiranse os mércores e venres no mesmo horario. O prazo para apuntarse xa está aberto e finalizará no momento no que se acaben as prazas dispoñibles.

Todas as persoas que desexen iniciarse ou perfeccionar a súa técnica poderán participar nestes cursos de piragüismo. Esta actividade está dirixida aos nenos e nenas nados de 2003 a 2009 que desexen iniciarse neste deporte. Estes cursos impartiranse entre o 26 de xuño e o 18 de agosto. Durante o mes de xuño e xullo esta actividade impartirase os luns, mércores e venres, en horario de 16:30 a 17:30 horas, mentres que en agosto as clases impartiranse os mércores e venres no mesmo horario.