InserAmes-Brión IX acadou 46,7% de insercións laborais

No que vai de programa conseguíronse varias insercións laborais. Dos 60 participantes, 28 están traballando ou conseguiron algún contrato de traballo, o que supón unha porcentaxe do 46,7%.

644

Dos 60 participantes, 28 están traballando ou conseguiron algún contrato de traballo

Ames e Brión volven a colaborar para desenvolver a novena edición do programa InserAmes-Brión. A semana pasada impartiuse un curso de manexo de plataformas elevadoras móbiles de persoal e na actualidade estanse impartindo cursos de limpeza de superficies e mobiliario en edificiose locais, e o de monitor de transporte e comedor escolar. O éxito do programa queda avalado polas cifras de inserción laboral que acadan o 46,7% xa que de 60 participantes, 28 deles están traballando ou conseguiron un contrato laboral.

O programa iniciouse o pasado 1 de setembro grazas a unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 104.426 euros e da achega do Concello de 26.106 euros. Beneficiáronse 60 participantes que contan con dous titores/as para seguir de cerca a súa evolución. Esta iniciativa terá unha duración de 12 meses nos que se imparten diversas accións formativas, transversais e específicas. Por si fora pouco, realízanse prácticas non laborais en empresas e que conta cun servizo de titorías individuais, ademáis de outras actividades como a intermediación laboral ou a prospección.

O programa iniciouse o pasado setembro grazas a unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria

A semana pasada impartiuse o curso de manexo de plataformas elevadoras móbiles de persoal. Esta iniciativa, que tivo unha duración de 20 horas, estivo composta dunha parte formación teórica e outra práctica que se esixe para a homologación pola Norma UNE 58923. Para a realización das prácticas empregouse o aparcamento do Centro de formación e emprego do Concello de Ames. Os 7 alumnos/as que participaron neste curso empregaron dous tipos de plataformas elevadoras: de tesoira e telescópica ou articulada.

Ademais, na actualidade estase impartindo o curso de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais que está composto de 80 horas teóricas e 50 horas prácticas non laborais en empresas. Esta actividade formativa, na que están participando 11 alumnos/as, desenvolverase ata o 6 de xuño. Tamén se está impartindo o curso de monitor de transporte e comedor escolar que consta de 60 horas teóricas e 20 horas de prácticas non laborais en empresas. Neste caso este curso, no que participan 12 persoas, desenvolverase ata o 31 de maio.

Por último, no mes de xullo, impartirase o curso de inglés medio-atención ao público, que dispón de 40 horas lectivas. Ao mesmo tempo, continuase impartindo obradoiros de busca activa de emprego, de curta duración, titorías individuais, prospección de empresas, intermediación, prácticas non laborais, asesoramento para o autoemprego, etc. As accións formativas do programa InserAmes Brión están destinadas principalmente a menores de 30 anos desempregados de baixa cualificación, aínda que tamén está aberta a outros colectivos con especiais dificultades para acceder a un emprego.