Investigación de dous veciños do Milladoiro por usar documentación falsa e saltar o peche perimetral

0
128

A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro investigou a dous veciños da localidade, como presuntos autores dun delito de falsidade documental. Os feitos ocorreron cando efectivos desta unidade se atopaban controlando o cumprimento das medidas sanitarias vixentes na estrada AC-841, no límite das provincias da Coruña e Pontevedra. A Garda Civil observou un vehículo que se aproximaba e detívoo para constatar os motivos do desprazamento dos seus ocupantes fóra do peche perimetral. Estes alegaron motivos laborais, polo que os axentes solicitaron o xustificante de traballo.

Tras comprobar os xustificantes de ambos, ante a sospeita de que algún ou os dous puidesen ser falsos, a Garda Civil contactou coa empresa emisora dos documentos. Esta empresa corroborou que a documentación dun dos veciños era real e fora emitido por eles, pero que o da acompañante non. Esta segunda persoa non traballaba na empresa.

A Garda Civil procedeu á investigación de ambos, como presuntos autores dun delito de falsidade documental. Nun caso, por confeccionar e exhibir un xustificante falso, e no outro como colaborador necesario ao facilitar o xustificante orixinal para a elaboración do documento falsificado, así como á confección da pertinente denuncia por incumprimento das medidas sanitarias vixentes

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here