Investigado un veciño de Ames como suposto autor de furto

69
A Garda Civil practica unha detención (arquivo).

A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro investigo a un home como suposto autor dun delito de furto, na fase de explotación da operación Millaladder.
A mencionada operación iniciouse tras ter coñecemento os efectivos da mencionada Unidade do furto de 10 escaleiras profesionais de grandes dimensións, 6 no Concello de Teo e 4 no Concello de Ames.
As escaleiras subtraídas achábanse nos teitos dos vehículos pertencentes a empresas de montaxe, debidamente estibadas, ascendendo o valor total das mesmas a 11.000 euros.
A Garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade dos feitos e lograr a identificación plena do autor ou autores dos mesmos no seu caso.
Como froito do traballo de campo realizado, os gardas civís actuantes lograron pescudar o modus operandi, o cal consistía en acceder nunha furgoneta de alugueiro dunha coñecida marca comercial á zona onde estaba previsto o furto.
Unha vez na zona, estacionaba a furgoneta e procedía a introducir no seu interior as escaleiras subtraídas, tratando de minimizar as posibles sospeitas das testemuñas, ao trasladar as escaleiras dun vehículo comercial a outro.
Tras a análise minuciosa da información solicitada, os efectivos actuantes lograron a identificación plena do presunto autor dos ilícitos.
A Garda Civil procedeu á investigación deste home como presunto autor dun delito continuado de furto.