Ioga e aquagym, entre as actividades do verán en Ames

180

As piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro acollen o vindeiro mes de xuño sesións de augagym e ioga gratuítas. A inscrición xa está aberta a través da plataforma Cronos para ioga. Non fai falta inscribirse para aquagym.

As clases de ioga serán pola mañá, a partir das 10h e durante unha hora, dúas veces por semana. Será martes e xoves no Milladoiro, e mércores e venres en Bertamiráns. Cada persoa participante debe levar a súa propia esteira.

O aquagym será ás 16h con sesións de 45 minutos, os martes en Bertamiráns e os xoves no Milladoiro.