O judoka Iván Rial Díaz, veciño do Milladoiro, que se proclamou campión galego cadete na categoría de -90 kg, e que xa prepara a súa participación no campionato de España, que se celebrará en Pamplona.
A outra actuación destacada foi a de Tiago Larramendi Balladares, de Bertamiráns, que rematou subcampión no peso de -50kg. No seu mesmo peso, o seu compañeiro de club Endika Miguel García Garazo acompañouno no podio, levando o bronce.
Iván e Tiago compiten co Escola Judo Club, que na actualidade xestiona a disciplina de judo nas escolas deportivas de Ames.
