Pese as nulas axudas municipais, o director do AMSGO! confía que o medio sairá adiante pola publicidade e a implicación das empresas locais
O director da revista e web AMSGO!, Javier Carnota, participou a semana pasada no magacín Somos Ames no que falou sobre a web da revista así como a conversión dun medio máis inmediato de cara os cidadáns.
Carnota destacaou o tremendo esforzo que se está poñendo nun proxecto para levar a información máis próximas aos veciños e veciñas de Ames. Pese as nulas axudas municipais, o director do AMSGO! confía que o medio sairá adiante pola publicidade e a implicación das empresas locais.
AMSGO! é unha publicación mensual gratuíta que se reparte a terceira semana de cada mes nas rúas de Ames. Coa incorporación da web, a revista pretende ser un referente en información cidadá de calidade, honesta e plural co que se quere dar voz a todas aquelas persoas que queiran ser escoitadas.