A candidatura de Vanessa Vidal ao Concello de Ames contará co apoio dun dos fundadores da súa formación, Podemos. Juan Carlos Monedero visitará a localidade e intervirá nun mitin mañá, martes 23 de maio, ás 20h no Pazo da Peregrina. No acto intervirán tamén o coordinador nacional de Podemos en Galicia, Borja San Ramón; a número 3 da candidatura municipal, Angélica Serantes, e a propia candidata á alcaldía, Vanessa Vidal.