‘Language Planning’ represéntase este venres no Milladoiro

0
40

Os relatos do “Made in Galiza” de Sechu Sende serven como base da representación que a compañía de teatro Os Quinquilláns trae o venres 8 á Casa da Cultura de Milladoiro. Trátase da obra Language Planning, unha comedia áceda cuxa representación terá lugar ás 20:30 horas.

Lucho Penabade e Tero Rodríguez soben ao palco para afondar, con comicidade e retranca, sobre a “language planning” que non é outra cusa que “un plan para acabar co galego contra o que as tribos da retranca teñen que loitar con ironía e sentido de supervivencia”. A función dura 50 minutos e é de balde. Os convites poden adquirirse xa na billeteira municipal ou ben  na Casa da cultura do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo. A obra chega a Ames a través do programa “Fala Redes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here