Licitada a pavimentación da avenida Muíño Vello

147

A Xunta de Goberno de Ames aprobou a comezos deste mes a licitación das obras de pavimentación da avenida Muíño Vello, unha das principais rúas do Milladoiro. O orzamento desta obra, que forma parte do POS+ 2022 provincial, será de case 110.000 euros. Os traballos mellorarán a capa de rodaxe ao longo de 6.650 metros cadrados, a través dunha capa de 5 cm de bituminosa en quente.

Ademais, está en fase de licitación a pavimentación das rúas Agro do Medio, do Rego e de Abaixo, cun importe de máis de 200.000 euros.

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, destaca que “a través desta obra vaise a mellorar o pavimento dunha das principais vías do Milladoiro que dá acceso á zona norte desta localidade e por conseguinte ao parque empresarial Novo Milladoiro”.