Limpeza de ríos este domingo en Ames

0
57
Foto: Proxecto Ríos
Foto: Proxecto Ríos

Ames xúntase a outros 65 concellos de Galicia nunha nova edición do Proxecto Ríos, unha iniciativa de limpeza dos leitos fluviais que impulsa a asociación ecoloxista Adega. A actividade busca concienciar ás persoas sobre o estado dos ríos e a necesidade de coidalos. O domingo 26 ás 10:30 haberá un encontro de voluntarios na praza do Concello de Bertamiráns para dirixirse a distintos tramos dos ríos que pasan por Ames para proceder a unha actividade de limpeza nos ríos que pasan por territorio municipal. Para participar neste evento da concellaría de Medio Ambiente, organizado a través da Aula da Natureza, é necesario enviar un email a auladanatureza@concellodeames.gal, indicando o nome completo e o D.N.I. Organizaranse grupos de cinco ou seis persoas voluntarias que traballarán durante unhas dúas horas. Ás 13h quedarase de novo diante do Concello para avaliar o lixo recollido e estimar a súa cantidade.

Recoméndase aos voluntarios/as  levar luvas, paus cun pincho para coller o lixo, botas de auga e bolsas grandes ou sacos para recoller os refugallos. O concello conta con parte dese material que tamén pode ser solicitado polas persoas que participen.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here