Luz verde para o parque de bombeiros comarcal de Santiago

121

Despois de máis de dúas décadas, por fin se desbloquea a construción do parque de bombeiros da comarca, que foi comezada hai 21 anos en Salgueiriños e que levaba xa tres lustros paralizada. Recentemente soubemos que as administracións galega, provincial e municipal retomaran o debate respecto desta anómala situación, para dar resposta a unha histórica reivindicación que vén especialmente por parte dos concellos colindantes coa capital galega. Agárdase que o acordo destas negociacións se anuncie nas próximas horas.

As persoas que habitan a comarca de Santiago xa están, despois de tantos anos, acostumadas a ver a obra apenas empezada do que xa hai máis de 20 anos ía ser un parque de bombeiros ao pasar por Salgueiriños, especialmente a característica torre a medio construír. Agora, estes traballos de construción retomaranse por fin, poñendo punto e final a unha complexa historia de problemas orzamentarios que os frearon en seco no seu día.

Ampliaremos esta exclusiva a medida que se coñezan máis detalles.