“Made in Galiza” este venres na Casa da Cultura de Bertamiráns

98

Este venres, 2 de febreiro, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación da comedia teatral “Made in Galiza” ás 20:30 horas. Este é o terceiro dos 12 espectáculos que integran a programación de artes escénicas “Ames Cultural 2024”.

Sinopse de “Made in Galiza”
Baseada na novela homónima de Séchu Sende, trátase dunha comedia na que o eixo central é a defensa da lingua. Así, mestúranse o humor e a vida cotiá con profundas reflexións sociolingüísticas. 

A obra está protagonizada por una avós que non se entenden coa súa propia familia porque falan diferentes idiomas, o que abre as porta ao humor reflexivo e á poesía, transformando temas complexos en experiencias accesibles para todo o mundo.

En “Made in Galiza” pódese atopar un abano de lugares tan diversos como unha oficina de palabras perdidas, unha empresa que fabrica palabras, un manual de instrucións… O elenco da vida a personaxes diversas como unha vendedora e un ladrón de palabras, mozos namorados, homes e mulleres desorientados… Cada un deles aportando unha capa única á narrativa da obra.

Con 40 anos de actividade ininterrompida, Sarabela Teatro é a compañía de teatro máis veterana de Galicia. Ao longo dese tempo, consolidouse como un referente no ámbito teatral galego pola súa creatividade e compromiso coas artes escénicas.