Máis de 150 persoas seguiron as II Xornadas de Saúde Mental de Ames

174

A pasada fin de semen celebrouse a segunda edición das Xornadas de Saúde Mental organizadas polo Concello de Ames. Asistiron unhas 80 persoas, con outras 75 seguindo a actividade a través de streaming. Dende a concellería de Benestar Social destácase a satisfacción e implicación das persoas asistentes.

Na xornada participaron representantes da USC, da Plataforma de pensionistas de Compostela, do voluntariado e promoción da saúde municiais, ou do Instituto Amaltea de Sexoloxía.