Mañá celébrase o Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2017 na Ameixenda

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organizan este mércores, 17 de maio, a proba de supercross Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2017.

771

A Dagan Cup é a única competición de supercross que se organiza en Galicia actualmente

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organizan este mércores, 17 de maio, a proba de supercross “Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2017”, que se desenvolverá no circuíto SX “Alex de Moure”, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda. Nesta proba participarán arredor de 70 pilotos de supercross de toda Galicia. Trátase da primeira proba que se celebra este ano dentro da Dagan Cup. Pola tarde, ás 16:00 horas, dará comezo a proba que se compón de dúas mangas por categoría.

A Dagan Cup é a única competición de supercross que se organiza en Galicia actualmente. Trátase dun evento non oficial, interprovincial e non federado, de acordo coa actual normativa galega de deportes, e na que se dan cita os mellores pilotos galegos desta modalidade deportiva xa que actualmente non existe outra proba federada de supercross.

Nesta proba participarán uns 70 pilotos de toda Galicia, que estarán divididos en sete categorías diferentes: elite; veteranos; promoción; 85 cc; alevín de menos de 8 anos e alevín de máis de 8 anos; féminas; e hobby que son os que se inician neste deporte.