Marcha nórdica no Milladoiro

228

Este xoves, 10 de agosto, arrinca no Milladoiro a primeira actividade de marcha nórdica “Camiñando no solpor”, incluída dentro da programación do “Activa Ames Verán”, posto en marcha polo departamento de Promoción da Saúde. A andaina volverá a repetirse con saída dende o Milladoiro o 24 de agosto, e dende Bertamiráns os días 17 e 31. A proposta é gratuíta, e non é precisa inscrición previa. Así, complétase o ciclo de iniciativas do “Ames Activa Verán”, que tamén comprende clases de ioga terapéutico, de taichi tradicional e de chi kung.