María Estévez, do Ames Atletismo, campioa galega de 600 metros lisos

214

A atleta amesá María Estévez proclamouse campioa galega nos 600 metros lisos durante o XXXVI Campionato Galego sub16 de atletismo en pista cuberta que se celebrou o pasado sábado 11 en Ourense. Foi unha das dúas representantes do club Ames Atletismo nesta proba, xunto con Ada Bigliani, que correu os 60 metros lisos.

Estévez superou a súa propia marca persoal. Tamén Bigliani, continuando co nivel ascendente que vén acadando ao longo desta tempada, quedou terceira na súa eliminatoria, batendo igualmente a súa marca persoal.

Os días 25 e 26 deste mes terá lugar o Campionato de España sub16 en pista cuberta, na mesma cidade. O club volverá ter presenza nesta competición.